martes, 31 de marzo de 2020


UN POUCO DE IOGA.


Ao longo destes días, seguro que aproveitastes para facer algo de deporte na casa. O xogo e o deporte non pode faltar nunca e menos estes días!  Na páxina web do cole tedes unhas propostas dos profes de Educación Física  moi divertidas...probástelas?

Aínda que despois do movemento, necesitamos volver á calma. E que mellor que facelo cunhas sesións de relaxación. Podedes contar algunha historia(viaxes imaxinarios), facer masaxes con balóns, estiramentos... e tamén ioga! Deixámosvos uns enlaces que vos poden dar ideas:














Acordádevos de usar roupa cómoda e de buscar un sitio axeitado para non facervos dano.Ánimo!

JUEGO MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS


MAQUETA DA PAISAXE

Para axudarvos coa vosa maqueta da paisaxe, aquí vos deixo algunhas ideas.
Podedes facela con calquera cousa que teñades pola casa, caixas, pintura, plastilina, papeis, bonecos,... Ánimo!








A NOITE DAS MUDANZAS


JUEGO CON LA BR

Lee y repasa como suena la br

domingo, 29 de marzo de 2020

TEATRO DENDE A CASA: BICHARADA

Con motivo do día do teatro (27 de marzo) e debido a esta situación de confinamento, a compañía Berrobambán, ofrecenos en youtube a súa obra infantil Bicharada.

Trátase dun vídeo de rexistro da obra e non estaba pensado para a súa difusión. Pero co obxectivo de axudar ás familias neste confinamento decretado para conter a crise do COVID-19, podedes velo os martes, sábados e domingos de 11:00h a 18:00.


COMO EXPLICAR QUE É O CORONAVIRUS

Como xa sabedes levamos uns días sin escola polo CORONAVIRUS! os maiores, a tele, as noticias,... non falan doutra cousa; e temos que estar na casa sen clase, sen poder saír a xogar, nin ver os nosos amigos ou familia. 

Por iso, para que entendades un pouco mellor que é e que temos que facer para vencelo, dexámosvos uns vídeos.










Un conto para pintar 

Un experiemento podedes facer na casa, para saber porque debemos lavar as mans.



viernes, 27 de marzo de 2020

APLICACIÓN SANTILLANA GRATUITA

A editorial Santillana ofrécenos de xeito gratuito, mentres dure esta situación, unha app para que repasen os contidos mentres que xogan.

Chámase PUPITRE (val para tablet, Android, pc, apple,...) Unha vez descargada tedes que ir á librería para seleccionar a idade dos nenos.