UN POUCO DE IOGA.
Ao longo destes días, seguro que aproveitastes para facer algo de deporte na casa. O xogo e o deporte non pode faltar nunca e menos estes días! Na páxina web do cole tedes unhas propostas dos profes de Educación Física moi divertidas...probástelas?
Aínda que despois do movemento, necesitamos volver á calma. E que mellor que facelo cunhas sesións de relaxación. Podedes contar algunha historia(viaxes imaxinarios), facer masaxes con balóns, estiramentos... e tamén ioga! Deixámosvos uns enlaces que vos poden dar ideas:
Acordádevos de usar roupa cómoda e de buscar un sitio axeitado para non facervos dano.Ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario