domingo, 31 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1 DE XUÑO



Aquí tedes a proposta de actividades desta semana, recordade que son voluntarias. 

As tarefas que propoñemos serán unha selección do máis importante (non se trata de facer todo o que nos falta) dos seguintes libros:

 - Lengua 1 tercer trimestre de Anaya.
 - Cuaderno de matemáticas del tercer trimestre de Santillana. 
- Le que lé de Santillana Obradoiro





Esta semana pedímosvos que na medida do posible, fagades sós a páxina 27 do libro Le que lé de lingua galega. Logo, pedídelle axuda a un adulto para mandarnos unha foto. Tedes toda a semana para facelo. 



TEATRO EN FAMILIA: VEO LEO


CUENTO: EL PIRATA CALABERA YA NO DUERME EN LA BAÑERA


sábado, 30 de mayo de 2020

viernes, 29 de mayo de 2020

NOVA MOSTRA DOS VOSOS TRABALLOS



NOVA MOSTRA DOS VOSOS TRABALLOS.







Por fin é vernes!! E ca fin de semana unha nova mostra dos vosos traballos. Hai que ver o que estamos aprendendo uns dos outros!


Sergio 1ºA . Sergio  amósanos a súa maqueta móbil onde representa os movementos da Terra e o seu satélite a Lúa. Xenial Sergio!!

Tamén nos mandou varias fotos do ditado colorido. Como vedes gustoulle moito  porque repetiu, repetiu,repetiu...

             

Juego con gr-gl




Problemas con el dinero


cuaderno de sumar llevando


domingo, 24 de mayo de 2020

Proposta de traballo do 25 ao 29 de maio

Aquí tedes a proposta de actividades desta semana. Recordade que as actividades non son obligatorias e que tampouco tedes porque imprimilas, podedes facelas nun folio ou libreta.





Esta semana pedímosvos que na medida do posible, fagades sós a ficha nº8 de matemáticas e lle pidades a un adulto que nos envíe unha foto da ficha feita. Tedes toda a semana para facelo.


Máis traballiños

Hoxe facemos outra remesa dos vosos traballiños. Moitas grazas por enviarnos cousas tan bonitas.

- Leire 1ºB: Hoxe Leire envíanos máis cousiñas das que fixo estes días, como:

- O seu cartel Oreo-Lúa, que rico facer estas cousa! ummmm!

- A súa palabra do Día das Letras Galegas




-Fanny 1ºB: Fanny tamén nos quixo enviar algúns dos seus traballiños. Moi ben!

- O ditado colorido:



- O  seu cartel coas fases da lúa



- A súa maqueta co movemento do Sol e a Lúa




- Lucía 1ºB: Xa fai unhas semanas que Lucía nos mandou unhas fotiñas dos seus traballos, quedaron traspapeladas, pero agora volas ensinamos. Dende o principio do confinamento Lucía e a súa familia fixeron uns robot-carteiros. Están feitos con material de refugallo. Todos os días pola mañá os robots saen o corredor da casa co seu buzón, alí cada membro da familia vai  deixando as súas mesaxes co que máis lles gustou do día. Moi ben feito familia!