sábado, 2 de mayo de 2020

OS NOSOS TRABALLOS

DESCUBRINDO NOVOS ARTISTAS!

E seguimos recibindo máis mostras dos maravillosos traballos que estades facendo estes días. Bótadelle unha ollada a todo isto:

Marco 1ºA: Marco e o seu irmán Luca fixeron este "collage" das plantas e as súas partes. Non se esqueceron do que necesitan as plantas para medrar: o sol, a auga, o aire e a terra. Moi bonito chicos!





Valentina 1ºA: Valentina mandounos unhas fotos da súa maqueta sobre unha paisaxe artificial de costa.Non lle falta detalle: incluídas cunchas de verdade! Bo traballo Valentina!

 


Sergio 1ºA: Sergio coloreou uns marcapáxinas polo Día do Libro. Agora xa pode elixir entre todos cal usar para a libro que esté ler. Tamén lle gusta pintar con pinceis: deixar voar a imaxinación e facer obras coma a que vedes. Estupendo Sergio!

                                               


Ainhoa 1ºB:  Ainhoa fixo a súa maqueta dunha paisaxe de interior, xa que lle gusta moito os debuxo de Heidi. Empregou diversos materiais de refugallo, como: botella de plástico, papel hixiénico, palillos, herba seca, seixo do mar,... además tamén empregou outros materias como: pinturas, arxila, animais de plástico, cola e silicona. Está moi chula!


     


  Ainhoa tamén nos envía como van crecendo as súas fabas. Están enormes!




Juan 1ºB: Juan tamén nos envía a súa paisaxe, neste caso un volcán e un deserto! Empregou materais que tiña pola casa coma: cartón, papeis, pedras, xoguetes,... Moi ben!




Laura 1ºB:  Laura envíanos como van crecendo as súas plantas. Plantou unhas lentellas e unhas fabas, están enormes! que ben as cuidas Laura!




Leire 1ºB: Leire tamén nos quixo enviar algúns dos seus traballos: 

- A súa investigación dos animais.
  



- A súa cápsula do tempo.


- A creación do slime, Que pegañento parece!


Norah 1ºB: Norah tamén nos enviou a súa investigación dos animais. Moi bo traballo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario