- Sofía 1ºB: Esta semana Sofía enviounos varios traballiños que tiña feitos. A súa adivinanza, a maqueta do Sol, a Terra e a Lúa.
Tamén nos mandou a súa capsula do tempo. Decorada con recortes de revistas. Moi ben feito!
- Ainhoa 1ºB: Esta semana Ainhoa mandounos o seu debuxo do medioambiente. Xenial!
Mirade que preciosade! Ademais de estar moi orgulloso do resultado, Xoel pasouno xenial facendoa: so hai que verlle o enorme sorriso da súa cara. Que ben Xoel!
-Marco, 1º A: Acordádesvos que fai unhas semanas propuxémosvos plantar unha semente en algodón? Marco e o seu irmán Luca plantaron fabas e garavanzos e obtiveron unhas bonitas plantas. Pois ben, para cerrar o proceso esta semana transplantáronas ao seu horto para que sigan medrando nun entorno máis natural Están feitos uns grandes agricultores. Así se fai rapaces!
Ademais de traballar no horto, Marco tamén tivo tempo para escoitar o conto de Papelote e facer un debuxo sobre o conto.É Papelote cando o fixeron unha bola enrugada, súa amiga a Lúa e as estrelas. A mensaxe clara e concisa: Reciclo! Así me gusta Marco: todos deberíamos reciclar!
-Sergio, 1ºA: Sergio fixo o póster sobre o medio ambiente utilizando purpurinas... así de brillante e orixinal lle quedou. Unha chulada Sergio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario