Repasamos as medidas co palmo, paso e pé.
jueves, 30 de abril de 2020
CANCIÓN: PARABÉNS
Esta semana estamos a traballar os anivesarios e por iso hoxe vos poñemos dúas cancións en galego para festexar esta data. A ver sodes quen de aprendelas!
miércoles, 29 de abril de 2020
martes, 28 de abril de 2020
SEMANA DE 4 RETOS!
Esta semana "reabrimos" as axencias de detectives de 1º e, aínda que seguimos quedando na casa, imos tentar resolver algúns traballiños que nos chegaron.Anímaste a axudarnos?
Reto nº1. Viaxamos ao futuro
Imaxínate que esta nave espacial che levase ao 2030. Deixa voar a túa imaxinación e responde as seguintes preguntas.Podes debuxar, escribir, as dúas cousas...
1.
Cantos
anos pasaron dende o 2020? Cantos anos tes ti no 2030?
2.
Como
é o teu aspecto? Levas lentes? Tes o pelo longo ou curto?
3.
Como
é a túa casa? Onde vives?
4.
Como
vas dun lugar ao outro? Que medio de transporte é o máis habitual? Que enerxía
utilizas para este vehículo?
5.
Como
é o instituto onde estudas? Os mestres son persoas ou robots?
Reto nº2. O día que nacín
Agora a mesma nave lévate ao pasado: ao día que naciches. Nese día e nese ano pasaron cousas importantes ademais do teu nacemento. Investiga utilizando os enlaces que che deixamos abaixo.
1. Busca un feito importante que
pasara na data na que naciches.
2.
Busca
un personaxe famoso que compartan
contigo a data de nacemento.
3.
Pídelle a un adulto que che axude e escoita
tres cancións famosas que soaran nesas datas.
4.
Que
debuxos eran os que máis vían os nenos ese ano? Pídelle a un adulto que che axuce
e mira un capítulo. Que che parecen?
5.
Agora
busca o nome de tres deportistas famosos do ano que naciches. Que deportes practiban?
lunes, 27 de abril de 2020
domingo, 26 de abril de 2020
PROPOSTA DE TRABALLO DO 27 AO 30 DE ABRIL
Esta semana cambiamos a forma de acceder á proposta de traballo. A Partir de agora teredes a proposta:
- No blogue: tanto nesta entrada coma nun enlace fixo á dereita.
- Na aula virtual do centro: Podedes entrar nela dende a páxina do colexio, o enlace atópase arriba de todo á dereita. Tamén podedes entrar directamente pinchando aquí AULA VIRTUAL. Polo momento poderedes entrar como convidados, pero recordade que para entrar nas aulas de ed. física, música, plástica e relixión precisades poñer o usuario e contraseña que se vos pasou polo abalar.
E aquí vai a proposta desta semana, leva sorpresas así que esperamos que vos guste
SOMOS ARTISTAS: AS NOSAS MANUALIDADES
MANUALIDADES DURANTE ESTES DÍAS.
Encántanos recibir fotos dos vosos traballos, pero cando nos mandades mostras donde deixades voar a vosa imaxinación, sodes creativos/as, facedes despertar a vea artística que levades dentro....poñémonos moi contentas.
Ahí van algúns exemplos:
Paula 1º A: Paula lánzalle unhas mensaxes moi claras a ese virus que anda de viaxe por aquí. Bravo por Paula!!
Julieta 1ºA: Julieta puxo así de bonita a súa casa con estas manualidades tan orixinais. Preciosas Julieta!
Norah 1ºB: Co arco da vella por bandeira, moi ben Norah!
Fanny 1ºB: Mándanos a foto da súa cápsula do tempo. É moi espacial, está xenial!
Silvia 1ºB: Silvia estivo a decorar a súa casa con materiais de refugallo. Unha rá, un robot con caixas, e dúas manualidades de Pascua. Encántanos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)