AS PLANTAS DAS VOSAS CASAS.
Hai que ver como traballades! Non só facendo as fichas, lendo , axudando na casa... senón que tamén estades feitos uns expertos en plantas. Estamos super orgullosas de todos/as!
Vexamos algúns exemplos:
Sergio 1ºA: Un día que no comedor do cole de sobremesa había mazá, Sergio gardou unhas sementes desa froita e levouna para a casa. Días máis tarde, sementouna botoulle auga, púxoa o sol e con moita paciencia e amor...aquí vades a súa MACEIRA.Que grande está!
Julieta 1ºA: Julieta experimentou outra forma de plantación. Ela probou cos aguacates.Clavoulle catro mondadentes pola metade da carabuña para que se suxeitase na superficie dun vaso e sumerxiu só a metade desta... agora toca esperar a ver que sae.Quen se anima a probar?
Non só ten esa planta na casa, mirade que decorados ten os seus cactos. Pero é realmente unha planta... ou é unha manualidade? Que credes?
Alejandro 1ºB: Hoxe Alejandro amósanos como realiza a súa plantación de sementes. Así me gusta, empregando material de refugallo.
Ainhoa 1ºB: Ainhoa ensínanos que ela vai plantar unha sementes de fabas. A ver que sae nuns días!
No hay comentarios:
Publicar un comentario