lunes, 6 de abril de 2020

Receta: Pasta de sal

Hoxe traigovos unha receta para facer unha masa parecida á plastilina. Trátase da pasta de sal, que a diferencia da plastilina esta podémola cociñar no forno para que se endureza.

Con esta pasta podedes facer:
- bonecos ou figuras:

- fósiles

- colgantes

- colares

Para facer esta receita precisades:
-Ingredientes:
  • 1 vaso de sal fina.
  • 1 vaso de auga tibia.
  • 2 vasos de fariña.
-Elaboración:
  1. Prepara os ingedientes e as cantidades.
  2. Coller un bol e unha culler de madeira.
  3. Meter a fariña, a auga e a sal e remexer.
  4. Por último podemos agregar colorante alimentario para darlle  cor.
NOTA: A masa ten que ser flexible e elástica, pero non pegar nos dedos. Se se desfai hai que botarlle un pouco de auga; se pega demasiado hai que botar fariña.
A masa pódese gardar na neveira ata unha semana, pero ten que estar moi ben envolta para que non se seque.

Cando rematedes a masa xa podedes moldear a vosa figura. Cando decidades o modelo devedes deixar secar 12h, para que non hinche no forno.
Despois, con axuda dun adulto, meter no forno (temperatura 110º) ir mirando cada 10min. Cando saian do forno deixar arrefiar e despois xa podes pintar.

Espero que o pasedes estupendo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario