martes, 28 de abril de 2020




SEMANA DE 4 RETOS!



Esta semana "reabrimos" as axencias de detectives de 1º e, aínda que seguimos quedando na casa, imos tentar resolver algúns traballiños que nos chegaron.Anímaste a axudarnos?

Reto nº1. Viaxamos ao futuro
 Imaxínate que esta nave espacial che levase ao 2030. Deixa voar a túa imaxinación e responde as seguintes preguntas.Podes debuxar, escribir, as dúas cousas...

1.  Cantos anos pasaron dende o 2020? Cantos anos tes ti no 2030?
2.  Como é o teu aspecto? Levas lentes? Tes o pelo longo ou curto?
3.  Como é a túa casa? Onde vives?
4.  Como vas dun lugar ao outro? Que medio de transporte é o máis habitual? Que enerxía utilizas para este vehículo?
5.  Como é o instituto onde estudas? Os mestres son  persoas ou robots?


Reto nº2. O día que nacín

Agora a mesma nave lévate ao pasado: ao día que naciches. Nese día e nese ano pasaron cousas importantes ademais do teu nacemento. Investiga utilizando os enlaces que che deixamos abaixo.
1.   Busca un feito importante que pasara na data na que naciches.
2.  Busca un personaxe  famoso que compartan contigo a data de nacemento.
3.   Pídelle a un adulto que che axude e escoita tres cancións famosas que soaran nesas datas.
4.  Que debuxos eran os que máis vían os nenos ese ano? Pídelle a un adulto que che axuce e mira un capítulo. Que che parecen?
5.  Agora busca o nome de tres deportistas famosos do ano que naciches. Que deportes practiban?



Reto nº3. A orixe dos materiais
Sabes de onde veñen estes materiais?  Averíguao e sorprenderaste!


Reto nº4. Xogadores do futuro

De volta ao futuro, o reto que se nos plantexa é facer un xoguete con materiais de refugallo. Anímate a mandarnos unha foto do teu xogo! Tedes unha pequena axuda pinchando aquí: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario